¿Por que?
Segue o "Método Sevillano":
Tradición
Fotografía de Gonzalo García (Diario de Pontevedra) |
A medicina é un arte na súa máxima expresión. ¿Que mellor para elo que haber bebido de periodistas, pintores e médicos? Se queres consulta-la miña árbore xenealóxica, ve a esta ligazón: Arbore xenealóxica Sevillano/Arbore xenealóxica Torrado.
Humildade
Os tecnicismos para os técnicos. Pregunta canto queiras y te explicarei que é, como se produce e como se trata. E se algo excede a miña área de coñecementos, hai que recoñece-la patoloxía e derivar á especialidade adecuada sen nengún reparo.
Experiencia e xuventude
¿Pódense aunar ambas? Pois sí, todo é cuestión de traballo. Como di un amigo meu, "con todo o tempo que lle dedico xa debo estar preto da xubilación".
Confianza
Pilar fundamental na relación médico-paciente. E se eu ou o meu currículum no che inspiran confianza, no dubides en preguntar a alguén que me visitara. Eu sí teñoo confianza nos meus pacientes.
Flexibilidade de horario
Ó residir a 4 minutos da consulta, permite axilizar e mover horarios.
Solidaridade
Se estás no paro, xa tes bastante de que preocuparte. Eu tamén o sufrín. Disfuta dun 35% de desconto na miña consulta.
Economicidade
Tarifas ó alcance de todos, axustadas ós tempos que corren.
Comodidade
Se queres consultar algo acerca da túa historia clínica, só tes que introduci-los teus datos na web. Se queres preguntarme algunha cousa, só tes que escribi-lo formulario de contacto dende a túa propia casa. E se necesitas que te visite na túa propia casa por problemas de movilidade ou semellantes, dame a túa dirección e irei a verte.